A Consellaría de Cultura presentaba esta mañá o Plan de Protección dos Monumentos Megalíticos. Segundo anunciou o director xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Arias, un total de 48 elementos deste tipo serán declarados Ben de Interese Cultural para asegurar a súa protección, sumándose aos 4 que xa contan con este estatus. A Costa da Morte, o Barbanza, o Morrazo, Vigo, a Baixa Limia, o Deza e a Terra Chá son as comarcas que terán máis megálitos protexidos.
Nota oficial
A Consellaría de Cultura e Deporte protexerá e porá en valor os principais xacementos megalíticos de Galiza. Ánxela Bugallo anunciou que o departamento que dirixe vai iniciar o proceso para declarar BIC (Ben de Interese Cultural) 48 xacementos espallados por toda Galiza. O proxecto inclúe as principais mámoas, dolmens e cistas, illadas ou formando necrópoles, así como menhires, para garantir a súa conservación e a súa divulgación de cara ao público.
A conselleira e o director xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Arias, presentaron hoxe o Plan de Protección dos Xacementos Megalíticos. O proxecto pretende dar o máximo grao de protección legal aos monumentos megalíticos máis notables do país. A listaxe de 48 xacementos para os que se vai iniciar o procedemento previo para declaralos BIC inclúe pezas de gran interese cultural, simbólico e arqueolóxico, tanto polas características arquitectónicas do monumento como polos gravados inscritos e outros achados ligados ao xacemento.
Os xacementos incluídos neste plan atópanse moi distribuídos pola xeografía galega: 19 están na provincia da Coruña, 8 en Lugo, 8 en Ourense e 13 en Pontevedra. Por comarcas, destaca o número de cámaras nas zonas da Costa da Morte, a Barbanza, o Morrazo, Vigo, a Baixa Limia, o Deza e a Terra Chá. Todos estes xacementos uniranse aos catro que xa teñen a declaración de BIC: o Dolmen de Dombate (Cabana de Bergantiños), o Dolmen de Axeitos (Ribeira), a Necrópole de Santa Mariña (O Incio, Sarria e Samos) e o Dolmen da Casa da Moura de Cabaleiros (Tordoia).
Na Costa da Morte atópanse 14 das cámaras que se van declarar BIC. Integraranse xunto con Dombate dentro do futuro Parque Arqueolóxico da Cultura Megalítica. Na actualidade estase redactando un plan sectorial que permitirá a súa adquisición. Entre os monumentos que formarán parte deste parque atópanse algúns tan emblemáticos como a Pedra da Arca ou Casa dos Mouros de Vimianzo, a Arca da Piosa en Zas, a Mina da Parxubeira en Mazaricos e a Pedra da Arca en Malpica, así como dúas cistas: a Casota de Berdoias en Vimianzo e a Fornela dos Mouros en Laxe. O parque formará parte da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico, xunto co da Cultura Castrexa en San Cibrao de Las, o da Arte Rupestre en Campo Lameiro, o da Cultura Galaico-romana en Lugo e o da Arqueoloxía Subacuática en Vigo.
Para os outros 34 xacementos megalíticos, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural vai iniciar nos próximos meses as prospeccións arqueolóxicas de cara á delimitación e aos estudos previos para a súa declaración como BIC. Estes traballos inclúen a prospección arqueolóxica intensiva do contorno dos xacementos, a situación por GPS dos monumentos e a súa área de protección, a delimitación gráfica e textual dos xacementos e a confección de fichas normativizadas de cada sitio. O orzamento total destes traballos de prospección e delimitación é de 81.780 .
Entre os xacementos a declarar BIC atópanse algunhas mámoas e dolmens xa de moita sona e outros de igual interese arqueolóxico pero menos coñecidos. Entre as incluídas neste proxecto atópanse o Dolmen da Cova da Moura (Noia), as Mámoas de Roza das Modias (Vilalba), a Casola do Foxo (Muíños), a Mámoa dos Muíños (Agolada), Chan de Arquiña (Moaña), a Mámoa do Rei (Vilaboa) e a Casa dos Mouros (Vigo). Tamén se atopan dous menhires ou pedrafitas: a Lapa de Gargantáns en Moraña, e a Pedra Alta de Antela, no límite entre os concellos de Sarreaus, Xunqueira de Ambía e Vilar de Barrio.
Protección do patrimonio arqueolóxico
A Consellaría apostou nos últimos anos por incrementar o número de xacementos arqueolóxicos que teñan a consideración de Ben de Interese Cultural, que é o maior grao de protección de bens patrimoniais. Con esta declaración Cultura garante a mellor conservación dos xacementos e aposta por poñelos en valor e a divulgalos ao público.
Na actualidade está en marcha o procedemento para declarar BIC unha vintena dos máis senlleiros castros galegos, que se sumarán aos dous xa declarados. Por outra banda, realizáronse xa os traballos de delimitación previos á declaración individualizada como BIC dos 45 principais conxuntos de petróglifos da provincia de Pontevedra, aos que seguirán no futuro os das outras tres provincias. Coa próxima inclusión nesta listaxe de 48 novos xacementos megalíticos darase outro importante salto na protección dos vestixios arqueolóxicos máis destacados de Galiza.
Plan de protección dos Xacementos Megalíticos Galegos..Nota oficial