Falece o pintor José Freixanes

O artista, residente en Madrid, era unha das figuras máis recoñecidas das artes plásticas do noso país

O artista, residente en Madrid, era unha das figuras máis recoñecidas das artes plásticas do noso país
Eclipse lunar con arabescos 2009. José Freixanes
O pintor José Freixanes, considerado unha das principais figuras das artes plásticas do noso país, falecía de xeito repentino na mañá deste 26 de novembro en Madrid, onde residía desde hai anos a partillar domicilio con Granada. Nado en Pontevedra en 1953, Freixanes formouse en Bilbao e na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid, e durante os anos 80 estivo vinculado movemento Atlántica.

Freixanes desenvolvía a súa actividade entre a capital de España e Granada, onde era profesor na Facultade de Belas Artes. Ao longo da súa carreira protagonizou múltiples exposicións internacionais e ten obra en coleccións como as do Círculo de Bellas Artes de Madrid, o Chase Manhattan Bank de Nova York, a da UNED, a de Afundación ou a da extinta Caja Madrid entre moitas outras.

O seu estilo, a oscilar entre a abstracción e a figuración expresionista, caracterizouse por unha tendencia primitivista e unha aposta pola materialidade da pintura, cun grande interese pola memoria, as viaxes e a historia nas súas creacións.

Ademais do traballo pictórico, desenvolveu carreira no campo do deseño e da ilustración en prensa, e fixo parte da comisión de plástica do Consello da Cultura Galega que promoveu a creación Centro Galego de Arte Contemporánea. Ademais, realizou murais en diferentes institucións do noso país, como o propio Consello da Cultura ou no Pavillón de Galicia na Expo'92. A compostelá Galería Trinta e a viguesa PM-8 concentraron boa parte das súas exposicións máis recentes no noso país.