Remata o Congreso da Memoria de Narón reclamando o recoñecemento do papel dos vencidos na Guerra Civil

As conclusións da memoria

9/12/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Incluír os nomes dos represaliados en rúas e monumentos, eliminar simboloxía franquista, unha análise do papel da Igrexa en relación á ditadura franquista, fondos para financiar investigación da represión... Estas son só algunhas das reivindicacións e das conclusións coas que se saldou o Congreso da Memoria que se estivo a celebrar desde o pasado xoves en Narón. Alén disto, no encontro déronse a coñecer abondosas investigacións sobre a represión franquista en Galicia.

Máis información no web do Congreso; reportaxe sobre as foxas de represaliados en Galicia Hoxe; reportaxe sobre os campos de concentración en La Voz de Galicia; reportaxes sobre a represión no suplemento “El Domingo” de “La Opinión (en PDF)

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narón, Guerra Civil, Guerra, Galicia Hoxe...