A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica denuncia a existencia de foxas comúns en Lugo

Memoria soterrada

10/10/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Numerosas foxas comúns con restos de represaliados durante a Guerra Civil e a posguerra están espalladas por toda a provincia de Lugo, segundo sinalou a presidenta da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica. Esther Cahorras apuntou que a asociación quere estudiar os enterramentos de republicanos do concello de Becerreá, da bisbarra dos Ancares e do campo de reclusión de Celanova. A sección galega da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica naceu recentemente para investigar a realidade da represión franquista no noso país.

Máis información en La Opinión en Galicia Hoxe e na nosa noticia sobre o nacemento da asociación

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Memoria Histórica, Lugo, Guerra, Guerra Civil...