Coincidindo coa celebración onte do DÃa de Galicia Mártir, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica anunciou que comezan os traballos para escavar dúas foxas comúns de desaparecidos polo franquismo en Lugo. Mañá iniciarase o proceso de escavación en PortomarÃn, e para o sábado está prevista unha exhumación no Vicedo. Mentres, Anxo Quintana, vicepresidente da Xunta, reclamou a necesidade de crear unha Comisión da Verdade e da Memoria que reivindique as vÃtimas da represión franquista e faga pública a súa historia.
Máis información en La Voz de Galicia en Vieiros e nos nosos arquivos