Nace a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Galiza para investigar a represión do franquismo

Galicia xa ten memoria

16/9/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
A Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica, grupo de entidade estatal que investiga as víctimas da represión durante a Guerra Civil e o Franquismo, acaba de crear unha delegación en Galicia. A presidenta da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Galiza é Esther Trasorras, da Pastoriza, neta dun concelleiro republicano. Trasorras asistiu o pasado venres á primeira exhumación de restos de represaliados que se fixo en Galicia, en Carballeda de Valdeorras.

Máis información en Vieiros e no web da Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Memoria Histórica, Franquismo, Vieiros, Guerra Civil...