O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciaba na mañá deste 14 de novembro o fallo do Premio Otero Pedrayo, que convocan as catro entidades provinciais canda a Xunta de Galicia. A Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra foi seleccionada como gañadora desta xeira do galardón, que conta cunha dotación económica de 16.000 euros.
Segundo apuntou López como méritos da entidade, a Polifónica "é unha referencia musical, este ano cumpre cen anos, Castelao foi o seu segundo presidente e está a realizar un traballo impecable na promoción e difusión da música e do galego", ademais de sinalar que é unha institución "punteira e pioneira en Galicia da que non podemos estar máis que orgullosos".
O galardón entregarase o vindeiro 11 de decembro nunha cerimonia no Pazo Provincial de Pontevedra. O galardón convócase desde 1977 "co obxectivo de honrar a memoria dunha persoa destacada no campo das letras e do coñecemento, ou ben un labor que constitúa unha contribución eminente á cultura galega e promova os valores propios de Galicia ou aquelas obras que leven ao esclarecemento e á mellora da cidadanía e institucións galegas", sinala o web da Deputación.
O xurado encargado de valorar a edición número 48 do galardón estivo presidido polo director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; co presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, como vicepresidente. Como vogal actuou o deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Jorge Cubela, xunto con representantes das outras tres deputacións galegas, da Consellería de Cultura, das tres universidades galegas, da Real Academia Galega, do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Fundación Otero Pedrayo, así como cinco persoeiros relevantes no eido da cultura elixidos polas catro deputacións e a Xunta de Galicia.
A Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra naceu en abril de 1925 con Antón Losada Diéguez como primeiro presidente. Canda a el, no grupo fundador estaban presentes Antonio Iglesias Vilarelle, Joaquín Maquieira Fernández, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Álvaro Losada, Antonio Blanco Porto, Vicente Barreiro Viñas, Carlos Gastañaduy Ozores e Prudencio Otero Bermúdez de Castro. Desde aquel momento desenvolve o seu traballo a seguir a liña marcada polo equipo fundador, a traballar pezas de "polifonía clásica profana, polifonía sacra e melodías populares axustadas a unha interpretación polifónica depurada", segundo recolle a Gran Enciclopedia Galega.