17.000 euros. Esta é a contÃa que o concello de Ourense aprobou onte para o palmarés da XIX edición do seu festival de Cine, o OUff. Un importe que se repartirá do seguinte xeito: 7.000 euros para a Gran Calpurnia que premia a mellor pelÃcula; 3.000 tanto para o premio do Público como para o Carlos Velo ao mellor director. O premio do xurado contará con 2.000 euros, mentres que o de mellor guión e mellor interpretación estarán dotados con 1.000 euros. Ademais, tamén se acordaron as datas de celebración do certame, que terá lugar na cidade das Burgas entre o 15 e o 23 de novembro. Coa aprobación das bases, comeza o perÃodo de recepción de traballos, que estará aberto ata o 1 de setembro.