Inevitable compite no I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago

O filme de Adivina Producións figura na sección oficial a concurso

8/5/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual

Son 8 as longametraxes que compoñen a selección oficial da sección oficial da primeira edición do Festival de Cine e Televisión Camino de Santiago. Entre elas destaca un filme de participación galega, Inevitable de Jorge Algora producido por Adivina Producións e protagonizado por Federico Luppi, Darío Grandinetti e Mabel Ribera. O certame, que terá lugar do 3 ao 6 de xuño conta con outros títulso como son A puerta fría, Ali, Área de Descanso, El muerto y ser feliz, Frontera, La lapidación de Saint Ettiene e Lección Debida. O premio á mellor cinta, dotado coa escultura estela e 10.000 euros, saberase no transcurso da gala de claurusra que se celebrará o venres 7 de xuño no Auditorio Novacaixagalicia no Preguntoiro.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Camiño de Santiago, Jorge Algora

Claves

Protagonistas