Inevitable e Somos xente honrada compiten no 16 Festival de Cine de Málaga

Na sección Ventana TV proxectarase Concepción Arenal, a visitadora de cadeas

16/4/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual

Fotograma de Somos xente honrada

O filme dirixido por Jorge Algora e producido por Adivina Produciones, Inevitable, así como a última produción de Vaca films Somos xente honrada está na sección oficial competitiva do 16 Festival de Cine Español de Málaga. Unha cita que se celebrará do 20 ao 27 de abril na capital andaluza e que deixa tamén oco para outras producións galegas. No marco da sección “Ventana TV”poderase ver Concepción Arenal, a visitadora de cadeas coproducida por Zenit TV e a participación da TVG.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións
Compartir:

Alén do que dea de si esta edición do certame, a organización xa facilitou o nome dos recoñecementos especiais. O premio Eloy de la Iglesia desta edición é para Manuel Martín Cuenca (Almería, 1964). É premiado pola súa retrospectiva Álex de la Iglesia (Bilbao, 1965), o galardón Málaga Sur foi para José Coronado (Madrid, 1957) e o premio Ricardo Franco é para Sara Bilbatúa (Eibar, 1958). Nomearon á versión cinematográfica que Mario Camus fixo de La Colmena co premio Película de Oro.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Málaga, Concepción Arenal, Jorge Algora...