A TVG estrea o martes un filme sobre a figura de Concepción Arenal

Un documental descobre o proceso de xente que comparte doenzas mentais

Está considerada unha das primeiras feministas do Estado polos seus estudos sobre a incorporación da muller ao mundo laboral e a denucia da marxinación das mulleres en todas as facetas. Agora, a historia e vida de Concepción Arenal chega á TVG en forma de película baixo o título Concepción Arenal, a visitadora de cárceres. Esta semana tamén se estrea outro traballo, trátase do documental “Con etiqueta”, que se achega a un grupo de persoas vencelladas a doenzas mentais para descubrir o proceso vital de xente que comparte esa etiqueta. Este filme estrearase na Egap (venres 21, 20:00 horas).

Este filme fai parte dunha triloxía que a Televisión de Galicia e Zenit Televisión realizan para achegarse á visión de tres mullerse, cunha traxectoria vital destacada e que se iniciou con Rosalía de Castro. O filme producido por varias entidades, entre elas a Televisión de Galicia, obtivo varios premios no Festival Europeo de Cine para Televisión Zoom de Igualada. Está protagonizado por Blanca Portillo e conta cun amplo reparto como Xosé Barato, Luísa Merelas, Isabel Naveira, Anna Casas, Diana Gómez, Oscar Rabadán, Candela Fernández, Fermí Reixach e Juanma Lara, entre un nutrido grupo de actores