Larraitz Urruzola adapta a Concepción Arenal aos títeres

O Teatro Jofre acolle este 19 de marzo a estrea ao vivo e en liña da montaxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Larraitz Urruzola adapta a Concepción Arenal aos títeres

Fábulas da montaña é o título da montaxe na que Larraitz Urruzola adapta textos de Concepción Arenal aos títeres. O Teatro Jofre de Ferrol acolle ás 18 horas desde 19 de maio a estrea desta montaxe, que se pode seguir tamén en liña. Na obra, a propia Urruzola adapta o papel de Arenal e, "repasa a súa infancia en Ferrol e o posterior traslado a Armaño, Cantabria, trala morte do seu pai".

Mediante unha saia-teatriño representa con títeres escenas da propia vida da autora e mais historias das que esta incluíu na obra Fábulas en verso orixinais. A representación está acompañada de música ao vivo coa pianista Merran Laginestra a interpretas temas populares e composicións de Marcial de Adalid. A montaxe conta con texto e dirección de Inacio Vilariño.

A estrea pódese seguir en liña no Youtube do Concello de Ferrol.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concepción Arenal, Teatro, Morte, Teatro Jofre de Ferrol...