Viravolta leva Mozart aos títeres

O Salón Teatro de Lalín acolle a estrea de A frauta máxica o vindeiro domingo 16

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Viravolta leva Mozart aos títeres

Adaptar aos títeres unha ópera de Mozart con acompañamento musical ao vivo. Esta é a proposta que vai a Títeres Viravolta con A frauta máxica, a montaxe que estrea este domingo 16 no Salón Teatro de Lalín. O proxecto, que naceu dunha colaboración co Conservatorio de Pontevedra estrea agora a súa montaxe definitiva. A obra represéntase acompañada por música ao vivo, que na estrea irá a cargo de Quidam trío. A obra poderá verse na capital do Deza tamén o día 17, e continuará a súa xira por Compostela os días 28, 29 e 30, co acompañamento da Banda Municipal.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mozart, Teatro, Salón Teatro, Lalín...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos