Fantoches Baj presentan Pedro e o lobo

A montaxe mestura títeres, música e traballo de actores

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Fantoches Baj presentan Pedro e o lobo

Unha nova versión do conto Pedro e o lobo ambientada nunha estación de tren abandonada e na que se mesturan títeres de mesa con traballo actoral. Esta é a nova proposta de Fantoches Baj para esta temporada, unha produción que recupera a obra de Prokofiev cunha ambientación e formato diferentes "para contar aos pequenos unha historia de emocións humanas: a superación, o amor, a vinganza, o medo e o orgullo e finalmente unha defensa do lobo e da necesidade de valorar a natureza", segundo explica a compañía. A obra poderá verse en formato showcase en Galicia Escena Pro en Santiago de Compostela e terá a súa estrea o 23 de novembro no Teatro Principal de Pontevedra co acompañamento da Banda Municipal de Música.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fantoches Baj, Natureza, Teatro, Teatro Principal de Pontevedra...