Monicreques de Kukas celebra os seus 40 anos coa estrea de Arlequina

O espectáculo de grande formato estréase en Compostela o vindeiro 28 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Monicreques de Kukas celebra os seus 40 anos coa estrea de Arlequina

"A viaxe dunha peculiar e curiosa marioneta chamada Arlequina na busca da súa identidade contando para iso coa axuda de Marchelino, un vello e estrafalario artista e titiriteiro". Esta é a proposta de Arlequina, o espectáculo de grande formato coa que Monicreques de Kukas celebra os seus 40 anos de traballo. A montaxe, que se estrea o vindeiro 28 de marzo no Teatro Principal de Compostela, mestura traballo de actor e pantomima con animación de marionetas, maxia e música ao vivo. Zoar Ensemble, Teatro de marionetas Trécola, Títeres Alakrán, Jorge Casas Caneiro, Miguel Cabaleiro e Larraitz Urruzola parcitipan neste proxecto baixo a dirección artística de Isabel Rey e Marcelino de Santiago. A obra poderá verse tamén en Compostela os días 29 e 30 deste mes.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kukas, Espectáculo, Teatro, Animación...