Monicrequeres de Kukas estrea a nova versión do seu Don Gaiferos

O proxecto suma unha exposición e unha banda deseñada á montaxe escénica

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Monicrequeres de Kukas estrea a nova versión do seu Don Gaiferos

Logo de se ver demorada polas restricións derivadas da pandemia, Don Gaiferos, o último proxecto de Monicreques de Kukas, chega aos escenarios este 4 de marzo. O Teatro Principal de Santiago acolle este a primeira función do espectáculo, que versiona unha antiga montaxe da compañía. Don Gaiferos narra a viaxe deste peregrino francés ata a súa morte aos pés do apóstolo Santiago a partir dun romance popular galego. A obra, escrita por Marcelino de Santiago Kukas e dirixida por Isabel Rei, conta con Borja Insua, Ero Vázquez, Isabel G. Coldeira, Marián González e Kukas a manexar os bonecos e música ao vivo de Caamaño e Ameixeiras, e repetirá funcións os días 5 e 6.

De xeito paralelo, o Museo das Peregrinacións acolle ata o vindeiro día 12 a exposición Don Gaiferos polos camiños cara a Compostela, que recolle marionetas de fíos e decorados da versión da obra estreada para o Xacobeo 93, así como deseños orixinais das diferentes versións da obra e pranchas da banda deseñada editado naquel ano. Precisamente, no marco deste proxecto, reedítase aquela obra que contou con guión de Marcelino de Santiago Kukas e Agustín de Castro Gus. A iniciativa desenvólvese co apoio do programa O teu Xacobeo.

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito