Kukas estrea en salas Réquiem por un monicreque

Adapta o texto co que Roi Vidal Ponte gañou o XII Premio Barriga Verde

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Kukas estrea en salas Réquiem por un monicreque

Logo de o presentar no Festea de Ferrol o pasado mes de outubro, Monicreques de Kukas estrea este 11 de xaneiro no Salón Teatro de Compostela a xira en salas do seu último traballo. Réquiem por un monicreque adapta o texto co que Roi Vidal Ponte se fixo co XII Premio Barriga Verde de Teatro para Monicreques na modalidade de obras para adultos. A obra "parte dun suceso histórico operístico (un crime sucedido na Scala de Milán en 1968 ao finalizar a representación de Romeo e Xulieta) para indagar na relación entre o escénico e o extraescénico, homenaxeando os oficios técnicos do teatro e observando o rol do espectador de xeito provocador e irreverente", segundo explica a presentación da montaxe. Miguel Cabaleiro, Isabel García, Borxa Insua e o propio Marcelino de Santiago Kukas encárganse da manipulación dos bonectos nesta obra.

A montaxe, dirixida por Isabel Rei poderá verse na sede compostelá do Centro Dramático Galego do 11 ao 14 de xaneiro (de xoves a sábado ás 20:30 horas e o domingo ás 18 horas, ademais de ofrecer dous pases matinais para centros escolares o xoves e o venres.

Vídeo de presentación de Réquiem por un monicreque

Vídeo promocional da obra

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kukas, Teatro, Salón Teatro, Milán...