Larraitz Urruzola leva a Rosalía aos títeres

A viaxe de Rosalía representarase no programa FalaRedes

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Larraitz Urruzola leva a Rosalía aos títeres

Monicreques, teatro de obxectos e técnicas de narración oral mestúranse en A viaxe de Rosalía. Larraitz Urruzola leva a escena unha selección de textos da poeta de Padrón e mais fragmentos da súa vida nun espectáculo orientado a maiores de seis anos. A Secretaría Xeral de Política Lingüística anunciaba esta mañá que a montaxe fará parte do programa FalaRedes deste ano e visitará un total de trece concellos do país ata o vindeiro mes de maio. O concello coruñés de Frades acollerá o vindeiro 5 de marzo a primeira parada do espectáculo. Antes, a montaxe visitará diferentes localidades no marco das actividades do Día de Rosalía, que se conememora este 24 de febreiro.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Narración oral, Día de Rosalía, Política Lingüística...