A nova xeira do programa FalaRedes homenaxea a Carlos Casares

O espectáculo A galiña azul visitará 21 concellos da man desta iniciativa

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A nova xeira do programa FalaRedes homenaxea a Carlos Casares

A Secretaría Xeral de Política Lingüística presentaba esta mañá a nova xeira do programa FalaRedes, que desenvolve actividades de dinamización lingüística en diferentes concellos do país. Como primeiro espectáculo da actual edición, o secretario xeral, Valentín García, presentou a xira do espectáculo A galiña azul, co que este programa quere homenaxear a Carlos Casares, escritor recoñecido do Día das Letras Galegas 2017. Ubú Teatro corre coa adaptación escénica deste libro de relatos, pensada para un público familiar de entre 6 e 10 anos e que mestura técnicas de narración oral, manipulación de monicreques ou clown.

Un total de 21 concellos recibirán a visita deste espectáculo nun percurso que comezou o pasado 3 de marzo en Valga e que rematará o vindeiro 12 de abril en Cangas. O espectáculo comprende cinco historias que abordan temas como a "a defensa da diversidade lingüística, a importancia das diferenzas ou a liberdade de expresión", segundo explican desde a organización do programa, e ao final de cada sesión o asistentes recibirán un exemplar do libro homónimo de Casares.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Carlos Casares, Valentín García, Narración oral...