Acuario leva a escena os poemas de María Canosa

O espectáculo poderá verse dentro das actividades de FalaRedes

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A Secretaría Xeral de Política Lingüística presentaba onte Acuario, o novo espectáculo que se incorpora ás actividades de FalaRedes, a rede de dinamización lingüística para os máis novos. O proxecto parte do poemario homónimo de María Canosa e pretende achegar aos máis novos aos versos en galego ao tempo que os convida a coñecer fauna e a flora do noso litoral. Teatro dos Ghazafellos, canda á propia poeta son os encargados de pór a obra en escena. A obra poderá verse o vindeiro día 30 en Cee, en Muxía e Muros o día sete e continuará a súa xira por outras localidades.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Canosa, María Canosa, Espectáculo, Teatro...