A SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica presentou ao longo da última semana as actividades que completan a xeira do programa FalaRedes. Esta proposta de dinamización lingüÃstica para a infancia incorpora o espectáculo Os Bolechas deportistas xogan no tempo e mais á montaxe Cubo, de Elefante Elegante á xa anunciada Daniel no peirao de Culturactiva Producións, que se puido ver entre marzo e abril deste ano.
Os Bolechas deportistas xogan no tempo preséntase como "un espectáculo ao aire libre que combina o teatro de monicreques con explicacións, preguntas e probas pensadas para que participen nenos e nenas de 4 a 9 anos e as súas familias". No mesmo, os coñecidos personaxes de Pepe Carreiro dan a coñecer diferentes disciplinas deportivas mentres animan ao uso da nosa lingua.
Ribeira acolle, este 23 de xuño, a primeira destas actividades. Os Bolechas seguirán viaxe por Chantada (dÃa 24) e por Barreiros, Campo Lameiro, Vilanova de Arousa, Castro Caldelas, Boqueixón, O Pereiro de Aguiar, Quiroga, Frades, Mondariz, Ares, Baiona, Bande e A Pobra de Trives.
Cubo, pola súa banda, preséntase como un "espectáculo teatral de fantasÃa, humor e poesÃa dirixida a público infantil e familiar que evoca a amizade, as separacións, a necesidade de coñecemento e a aventura de medrar desde a igualdade, rompendo os arquetipos de xénero". A dificultade de manter a harmonÃa entre dúas persoas que conviven cando unha delas decide rachar as convencións é a base desta historia que protagonizan MarÃa Torres e Gonçalo Guerreiro.
O Centro Sociocultural de Santa Marta, en Santiago de Compostela, abre a xira desta proposta dentro do programa o 30 de xuño. A esta actuación seguiranlle, xa en setembro, sete mais en Cangas, Betanzos, Burela, LalÃn, Ferrol, Noia e O Carballiño.
De cara a vindeiras datas, FalaRedes ten previsto continuar a súa programación ata sumar 55 actuacións por todo o paÃs entre espectáculos, monicreques e mesmo unha exposición que chegarán a concellos e agrupacións membros da Rede de Dinamización LingüÃstica.