A compañía Elefante Elegante estrea este venres no Teatro Jofre de Ferrol a súa nova montaxe para público adulto, "Alma de tigre". A nova produción, que chega ao público xeral tras varios pases restrinxidos a centros de ensino, amosa unha ensoñación revelada a partir da historia real de dúas irmáns e un irmá nun peculiar reencontro familiar, tráxico e cómico ao mesmo tempo. Segundo a súa sinopse, un pai débil e sen coraxe deixou aos seus fillos nunha una situación de desamparo. Á morte da nai, controladora e autoritaria, os tres irmáns reencóntranse na casa familiar para decidir a súa venda. Mais a casa resístese a deixalos marchar.
A memoria, os afectos, a herdanza e o futuro dan corpo a esta "Alma de tigre" na que Gonçalo Guerreiro, asina a creación, dirección e escenografía e María Torres a dirección artística, ademais de formar ela mesma parte do elenco interpretativo xunto con Julia Laport, Pablo Sánchez e Mario Rodríguez. Acorde coa súa liña, Elefante Elegante explora de novo en "Alma de tigre" as posibilidades expresivas do xesto e o movemento ao servizo da imaxe nun espectáculo que coquetea co barroco no visual, recoñecendo as inspiracións en Klimt, Botticelli ou Caravaggio, e tamén no acústico. A música fuxe do simbolismo e serve para impulsar a acción. A través da relación da música co movemento e a interacción cos elementos da escenografía, vanse revelando tódolos segredos dunha posta en escena que se fundamenta na dinámica plástica da narrativa teatral.