A intelectual galega Concepción Arenal impartiu na segunda metade do século XIX unha serie de conferencias para a educación das mulleres no Paraninfo da Universidade de Madrid. Dábanse os domingos, para que a elas puideran asistir tanto os homes como as mulleres, e nelas foi amosando o seu pensamento ao redor das mulleres do futuro, e defendendo asà a igualdade de dereitos civÃs e sociais para elas. Estes textos, reunidos e publicados por primeira vez en 1869 en castelán, ven agora a luz en versión galega nunha nova publicación do Consello da Cultura Galega: A muller do porvir. O libro pode descargarse no web do Consello da Cultura Galega e vai acompañado dun vÃdeo no que seis destacadas figuras femininas da cultura galega actual poñen voz a fragmentos do visionario texto de Concepción Arenal.
Descubre os textos de Concepción Arenal:
Descubre os textos de Concepción Arenal: