
Entre as propostas que se deron a coñecer está a celebración no compostelán Colexio de Fonseca da exposición Concepción Arenal. A conciencia da razón no vindeiro mes de outubro, así como a celebración dun congreso internacional no mes de outubro. Anúncianse tamén unha serie de concertos de compositores do Rexurdimento como Jesús de Monasterio, amigo íntimo da autora, e do seu alumno Andrés Gaos entre outros.
Edicións facsimilares das obras La mujer del porvenir e La mujer de su casa, unha versión en galego do libro El visitador del preso son outras das iniciativas que se adiantan desde a USC. A estas iniciativas sumaránselle outras que se darán a coñecer en vindeiras datas.