A coincidir cos 150 anos do falecemento de Juana de Vega, a fundación que leva o nome da activista e escritora coruñesa presentaba no 22 de xuño o programa co que vai conmemorar esta efeméride. Un congreso internacional, unha exposición itinerante e a publicación dunha biografÃa con edicións son as principais propostas de celebración que se desenvolverán ao longo deste ano. A Universidade de Santiago, o Concello da Coruña e a Xunta de Galicia colaboran co programa.
Segundo adiantou a Fundación, o historiador Xosé Ramón Veiga asina a biografÃa desta
activista pioneira, que sairá publicada en galego pola editorial Galaxia e terá versión en castelán da man da editora Marcial Pons. Pola súa banda, a Cátedra Juana de Vega da Universidade de Santiago prepara para os vindeiros 20 e 21 de outubro o congreso "Contemporáneas: polÃticas, traballadoras e facedoras de sociedade", que nace "coa tripla perspectiva de acoller investigacións recentes sobre a muller en ámbitos como a historia polÃtica, a social ou a económica" e que prevé unha destacada participación internacional.
A Fundación, de novo en colaboración coa Cátedra, prepara tamén unha exposición sobre a vida e a obra da autora que comezará o seu percorrido pola Casa da Cultura Salvador de Madariaga da Coruña no mes de decembro. A partir de aÃ, percorrerá as cidades galegas ademais de Monforte e Mondoñedo, complementándose cunha serie de conferencia sobre a homenaxeada e o papel da muller na sociedade do século XIX e comezos do XX.
Desde a Xunta de Galicia, pola súa banda, adiantaron o lanzamento dunha unidade didáctica dedicada á Juana de Vega para centros educativos. No acto de presentación do programa participaron o presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez; o secretario xeral de Educación e Formación Profesional da Xunta de Galicia, José Luis Mira; o primeiro tenente de alcaldesa do Concello da Coruña, Juan Ignacio Borrego, e a directora da Cátedra Juana de Vega da USC, Luisa Muñoz.
Juana de Vega desenvolveu ao longo da súa vida unha intensa actividade benéfica e social e foi "unha muller progresista e liberal, avanzada para a súa época, que deixou unha gran impronta non só na cidade da Coruña senón tamén en toda Galicia e resto do Estado", segundo reivindica a Fundación que se creou polo seu expreso desexo logo de falecer o 22 de xuño de 1872. De Vega xerou unha rede de mulleres, da que formaban parte a raÃña Isabel II ou Concepción Arenal, coas que desenvolveu diversas iniciativas sociais. Presidenta da Cruz Vermella en Galicia ou promotora da Asociación de Señoras, apoiou un hospital para atender a enfermos da peste no que ela mesma traballou. No campo literario escribiu as memorias do seu home, o xeneral Espoz y Mina, e dous volumes cos seus propios apuntamentos biográficos entre outras obras.