A escritora mexicana Lydia Cacho foi nomeada Escritora Galega Universal 2023

A AELG valorou o seu papel como "activista feminista e defensora dos dereitos humanos"

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Lydia Cacho. Fonte: web persoal

Lydia Cacho. Fonte: web persoal

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) acordou nomear á escritora e activista mexicana Lydia Cacho como Escritora Galega Universal 2023. Lydia Cacho é unha xornalista "con raíces galegas, activista feminista e defensora dos dereitos humanos", segundo difundiu a asociación nun comunicado. Cacho é autora de máis dunha ducia de libros de todo tipo de xéneros: poesía, ficción, crónicas ou ensaios, e denunciou profesionalmente como xornalista casos de feminicidio, violencia sexual e doméstica ou prostitución de menores. A mexicana súmase así a un premio concedido nos últimos anos a figuras de todo o mundo como Mahmud Darwix, Elena Poniatowska, Juan Gelman, José Luis Sampedro, Lídia Jorge ou Bernardo Atxaga, entre moitos outros.

Que che parece esta nova?
95 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Elena Poniatowska, Bernardo Atxaga, Escritores, Poesía...