É unha das escritoras das letras portuguesas máis recoñecida e agora, á súa traxectoria suma un novo premio. Lidia Jorge, autora de obras como A costa dos murmúrius ou O Vale da Paixão acaba de ser recoñecida Escritora Galega Universal pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). O consello directivo da entidade tomou esta decisión sustentándose no “seu compromiso ético coas causas da dignidade do pobo portugués e por ser creadora dunha extensa e intensa obra, valorada tanto en Portugal como nos máis diversos idiomas ao que foi traducida, no que a muller portuguesa ocupa un lugar de centralidade”, tal e como destaca unha nota de prensa. A AELG entregaralle o seu premio o vindeiro 4 de maio.
Mahmoud Darwish, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro e agora LÃdia Jorge, son os nomes que recibiron este recoñecemento. LÃdia Jorge participou na Sección de Literatura e Industrias da edición do Consello da Cultura Galega baixo o tÃtulo “Para un destinatario ignorado”.