Bernardo Atxaga é o Escritor Galego Universal deste ano

O autor vasco recibirá este recoñecemento na Gala das Letras do vindeiro mes de maio

3/12/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Asociación de Escritores en Lingua Galega acordou escolleu o autor vasco Bernardo Atxaga como Escritor Galego Universal deste ano. A AELG destaca "o seu compromiso ético coas causas da dignidade e en concreto do pobo vasco, e por ser creador dunha extensa e intensa obra, valorada tanto en Euskal Herría como nos máis diversos idiomas". Atxaga, recoñecido polo seu traballo tanto en prosa como en poesía e ensaio, recibirá este recoñecementona Gala das Letras que se celebrará en Pontevedra o primeiro sábado de maio de 2014.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bernardo Atxaga, Escritores, Ensaio, Poesía...