A AELG declara a Isabel-Clara Simó Escritora Galega Universal 2018

O Premio será entregado durante a III Gala do Libro Galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega nomeou Isabel-Clara Simó como Escritora Galega Universal 2018. O Premio será entregado o 19 de maio de 2018 durante a III Gala do Libro Galego, que se celebrará no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Para a AELG, o recoñecemento a esta escritora catalá baséase "na altísima calidade literaria da súa obra, así como por ter defendido e defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional dos Països Catalans". Nas anteriores edicións, recibiron este nomeamento as escritoras e escritores Mahmud Darwix, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, Lídia Jorge, Bernardo Atxaga, Luiz Ruffato, Pere Gimferrer e Hélia Correia.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Elena Poniatowska, Bernardo Atxaga, Teatro...