Ana Luísa Amaral é a Escritora Galega Universal 2022

A Asociación de Escritoras/es en lingua galega outorgoulle este recoñecemento á poeta portuguesa

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Ana Luís Amaral. Fonte: AELG

Ana Luís Amaral. Fonte: AELG

"Desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade literaria da súa obra" a Asemblea xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega nomeou a autora portuguesa Ana Luísa Amaral como Escritora Galega Universal en 2022.

A homenaxe incluirá unha laudatio a cargo de Marta Dacosta, quen destaca que Amaral "é a poeta que contraría a tradición, a que reinterpreta e volve falar dos mitos, das personaxes, das figuras prototípicas. Contraría e ironiza. Nos seus poemas Penélope négase a Ulises e Medea decide ficar no palacio. Lemos os seus poemas como espellos en que a palabra ocupa o lugar exacto, transparente, simbólico, traslada sentimentos, constrúe un mundo propio sen artificios innecesarios. Espida, densa, directa." A entrega deste galardón faise, polo xeral, a coincidir coa Gala do Libro Galego.

Que che parece esta nova?
111 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Escritores, Ulises, Marta Dacosta...

Claves

Protagonistas
Lugares