Xerais abre o ano editorial dedicado a Begoña Caamaño con dúas biografías

Un álbum ilustrado e unha biografía sinxela para todas as idades achegan a traxectoria da autora e activista

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas 2026
Compartir:
Xerais abre o ano editorial dedicado a Begoña Caamaño con dúas biografías

Edicións Xerais ven de publicar dous volumes cos que se abre a lista de materiais feitos ex profeso co gallo da dedicación do Día das Letras galegas de este ano a Begoña Caamaño. Beatriz Maceda e Eva Mejuto son as autoras dos dous volumes cos que a editorial percorre a biografía da homenaxeada de dous xeitos diferentes . 'Begoña ou o pracer da amizade', de Beatriz Maceda, preséntase como unha biografía sinxela e accesible para todas as idades, que formará parte da colección Merlín. Por outra parte, Eva Mejuto asina xunto á ilustradora Nuria Díaz ' Os fíos de Begoña', un álbum ilustrado de 40 páxinas que repasa de maneira accesible a traxectoria como xornalista, escritora, e tamén como activista, de Begoña Caamaño. Ambos libros chegan ás librarías o xoves, 15 de xaneiro.

Que che parece esta nova?
229 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Begoña Caamaño, Beatriz Maceda, Eva Mejuto, Maceda...