Encarna Otero presenta a Compostela de Begoña Caamaño

Un libro e un roteiro que se celebra hoxe permiten coñecer os trazos vitais da escritora

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaDía das Letras Galegas 2026
Compartir:
Cuberta do libro

Cuberta do libro

Compostela foi o espazo laboral e vital de boa parte da traxectoria da escritora e xornalista viguesa Begoña Caamaño. Encarna Otero presentará hoxe ás 19.15 horas o seu libro A Compostela de Begoña Caamaño (El Patito Editorial) na sede de Afundación, na Rúa do Vilar de Santiago de Compostela. Será o colofón dun roteiro que a partir das 18 horas percorre, desde a Casa do Taberneiro na rúa de San Pedro, os escenarios urbanos da escritora. O libro atende ás claves vitais da implicación de Begoña Caamaño na cidade. En declaracións a La Voz de Galicia, Encarna Otero explica que unha vez "aprobar as oposicións da radio autonómica, o seu mapa de afectos amplíase e constrúese de novo en Compostela", e que participou nun proxecto cultural dunha Compostela en construción como capital autonómica, en iniciativas como a Casa das Crechas, o apoio a cantantes como Uxía ou Guadi Galego ou o activismo no sindicalismo ou outras cousas. 

Que che parece esta nova?
105 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Begoña Caamaño, Encarna Otero, Guadi Galego, San Pedro...