A Área de Igualdade da Deputación da Coruña organiza o domingo 13 de outubro unha xornada en Santiago de Compostela en homenaxe á xornalista e escritora Begoña Caamaño, "figura imprescindible do feminismo galego", en colaboración co Concello de Santiago, o impulso da cooperativa 7H e Implicadas/os no Desenvolvemento. Trátase dun encontro poético-artístico no que participarán poetas, ilustradoras e muralistas. Nel participarán poetas como Ana Romaní, Andrea Nunes ou Belén Senín e artistas como Axoúxers e Chisqueiros, Cata Ukelele ou Eva Agra, entre moitas outras. Farán un "diálogo creativo entre a súa narrativa e a relectura das súas obras por parte de artistas da palabra e a ilustración". A xornada comezará ás 12 e terá un recital poético, sesións de creación artística, obradoiros e de remate un concerto de Su Garrido.
Celebran á escritora Begoña Caamaño cun diálogo entre os seus escritos e as artes
A xornada realizarase o domingo 13 de outubro en Santiago de Compostela
33 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Universos
Claves
Protagonistas
Entidades
Lugares

