O Consello da Cultura analiza a figura de Xohana Torres

Especialistas de diferentes ámbitos participan na xornada A dona dos mapas

29/10/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Carmen Blanco, María Xosé Agra, Dolores Vilavedra, Iolanda Ogando, Olga Novo, Montse Pena Presas, Helena González, Mariam Mariño, Laura Pérez Landeira, Xoán Bernárdez Vilar e Ana Romaní son algúns dos relatores que participan hoxe na xornada A dona dos mapas. Este encontro que organiza a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura xunto co Centre Dona i Literatura da Universidade de Barcelona quere estudar e debater a figura de Xohana Torres ao longo de todo o día de hoxe, desde as 10 da mañá ata ás oito da tarde. O encontro inclúe tamén un recital poético a cargo de María Xosé Queizán,Chus Pato, Lupe Gómez e María do Cebreiro.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

29/10/2009

Un mapa de Xohana Torres

A Comisión de Igualdade do CCG estrea a sección 'Cartografías' no Álbum de Mulleres