Unha xornada analiza o pensamento feminista de María Xosé Queizán

Celébrase esta tarde no Consello da Cultura Galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
María Xosé Queizán

María Xosé Queizán

O Consello da Cultura Galega acolle este martes 5 de febreiro a partir das 16.45 horas a xornada "Recuperemos as mans: homenaxe a María Xosé Queizán", organizado polo Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do CCG. A xornada quere "reavivar ou espertar o interese pola obra da autora" e en especial por textos de carácter feminista publicados na década de 1980, como Recuperemos as mans e Evidencias. "Esta homenaxe quere establecer un diálogo entre o tempo da primeira publicación e a actual, para admitir a relevancia da súa escrita naquela etapa histórica dos inicios democráticos". No programa analizarase a obra da escritora desde a visión de Carme Adán, sobre pensamento feminista, Marga do Val sobre comunicación e transgresión e Helena González, sobre as conexións entre feminismo e nación. Tras un coloquio, a xornada rematará cun recital de Cintaadhesiva. A xornada tamén será retransmitida en streaming desde a web do Consello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
95 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, María Xosé Queizán, Helena González, Igualdade