O CCG organiza unha xornada sobre a recuperación da memoria do feminismo

Celebrarase o 27 de xuño e a inscrición é gratuíta

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega organizará o vindeiro 27 de xuño unha xornada sobre a recuperación da memoria do Movemento Feminista. "O desenvolvemento do movemento feminista resulta de interese fundamental á hora de entender e explicar as transformacións relacionadas co lugar social ocupado polas mulleres e é unha das chaves para entender o enfoque de xénero, que constitúe a base sobre a que as institucións elaboran programas e medidas para corrixir as desigualdades entre os sexos", asegura a Comisión no texto explicativo. As xornadas céntranse nos estudos de diferentes casos de centros de documentación no Estado especializados no movemento feminista. A inscrición é gratuíta.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Igualdade, Xénero, Mulleres, Consello da Cultura Galega