Un informe compila a documentación do Movemento Feminista Organizado en Galicia

Preséntase esta tarde ás 19:00 horas no Consello da Cultura Galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A memoria do Movemento Feminista Organizado en Galicia escribiuse a golpe de libros, axendas, cadernos, boletíns… documentación dispersa de diferentes colectivos e grupos que desenvolveron e desenvolven a súa actividade. Pero todo ese material está ben disperso, ben ruinoso, por non falar de fondos desaparecidos. Foi a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, no estudo e documentación do movemento, quen se deu conta da necesidade de fixar esas fontes, deseño e propostas nun volume e o resultado desa urxencia ten forma de libro. O volume Recuperación da documentación e memoria do Movemento Feminista Organizado en Galicia, integrado dentro da colección Documentos e Informes do Consello da Cultura Galega, preséntase esta tarde. Alí estarán as autoras, Carmen Pérez Pais e Mariam Mariño Costales, así como Rosario Álvarez, vicepresidenta da institución e María Xosé Agra, coordinadora da Comisión de Igualdade

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Igualdade, Rosario Álvarez

Claves

Protagonistas
Conceptos