A construción dun andel para a memoria

O CCG explica o plan para recuperar a documentación do movemento feminista en Galicia

11/6/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedade
19 lecturas | Compartido 0 veces

Faixas de manifestacións do movemento feminista en Galicia. Foto: CCG

A Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega naceu no 2005. Desde entón, púxose como tarefa a recuperación e conservación dos fondos e da memoria do movemento feminista organizado en Galicia, desde a segunda metade do século XX ata a actualidade. Atoparon unha realidade documental vizosa, pero moi dispersa e con frecuencia, en estado ruinoso. Neste novo informe, dan conta da súa estratexia e dos fondos que están a atopar e procesar para que non desapareza fisicamente a memoria das reivindicacións de xénero na Galicia do século XX.

Universo culturagalega.gal

Universos