Unhas xornadas abordan o malestar vital no traballo cultural

A xornada celébrase o martes 13 de maio pola tarde no Consello da Cultura Galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:
Unhas xornadas abordan o malestar vital no traballo cultural

O Consello da Cultura Galega acolle esta tarde do martes 13 a xornada "Ansiedade e esperanza na nova cultura". O encontro busca "reflexionar e sensibilizar sobre os problemas das implicacións do capitalismo nos traballos creativos do ámbito cultural", segundo a organización. O programa está coordinado e moderado pola xestora cultural e xerente de Agapi Uxía Caride, e contará coa participación da filósofa Remedios Zafra, sobre "o exceso da vida contemporánea", a psiquiatra Iria Veiga sobre "a saúde mental no mundo cultural" e a xornalista Marga Tojo, que tratará de "Desinformación e malestar colectivo". A xornada retransmítese en streaming a través do web do Consello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Marga Tojo, Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI)