O Consello da Cultura acolle as I Xornadas de Xénero, Arqueoloxía e Patrimonio en Galicia

O encontro está organizado pola asociación ARQFEM: Arqueoloxía Feminista

"Chamar a atención sobre aspectos tan importantes como a desigualdade de xénero e o papel da muller dentro do patrimonio cultural galego" e abordar a "situación das mulleres nestes campos, os problemas aos que se enfrontan e tamén as perspectivas de futuro" son dous dos principais obxectivos das I Xornadas de Xénero, Arqueoloxía e Patrimonio en Galicia. O encontro, que se desenvolve os días 25 e 26 de setembro en Compostela, abría a súa primeira xornada na sede do Consello da Cultura Galega e trasladará a actividade ao Museo das Peregrinacións e de Santiago para a segunda xornada de traballo.


No programa que coordina a asociación ARQFEM: Arqueoloxía Feminista participan profesionais e investigadoras do sector como son Susana Reboreda Morillo, Rebeca Blanco Rotea, Olalla López Costas, Rebeca Tallón Armada, Victor Rodríguez Muñiz, Beatriz Comendador Rey, Esperanza Gigirey Liste, Verónica del Río, Benito Vilas Estévez, Carolina Casal Chico, Vanesa Trevín Pita, Xurxo Ayán Vila, Nieves Amado Rolán, Francisco Alonso Toucido, Elena Taboada Durán e Francisca Alves Cardoso.