Unha xornada reflexionará desde a antropoloxía sobre os 'retratos e relatos' da muller

No encontro 'Mulleres e antropoloxía en Galicia' do CCG estudaranse tamén casos prácticos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Imaxe: Mural de Bosoletti. DesOrdes Creativas 2016. Fotografía: Sokram (Mutante Creativo)

Imaxe: Mural de Bosoletti. DesOrdes Creativas 2016. Fotografía: Sokram (Mutante Creativo)

A Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega promove unha xornada para o vindeiro día 12 de xuño co obxectivo de dar a coñecer e pór en valor diferentes achegas que, desde a antropoloxía e/ou a etnografía, contribuíron ao estudo e análise da realidade das mulleres en Galicia no presente e tamén no pasado. No encontro Mulleres e antropoloxía en Galicia. Antropoloxía aplicada na acción sociocultural estudaranse marcos teóricos e casos prácticos e prestarase especial atención ás propostas e reflexións propias da antropoloxía aplicada e tamén ás olladas de xénero e/ou feministas, máis concretamente a propostas xurdidas desde a antropoloxía feminista. Reflexionarase sobre os retratos e relatos, ás veces contraditorios, que diferentes estudosos e estudosas produciron, de xeito concreto ou transversal, sobre "a/s muller/es galega/as" ou as mulleres en Galicia.

A xornada conta coas achegas de numerosas intervintes entre as que están Nieves Herrero (USC), Marcial Gondar, Lourdes Méndez (UPV/EHU). Entre os casos prácticos que se presentarán na quenda de tarde están os de Intervención coa comunidade caboverdiana de Burela a cargo de Luzia Oca, membro da Comisión de Igualdade do CCG, antropóloga, Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro; Radiografía dun museo desde a perspectiva de xénero: o caso do Museo Etnolóxico de Ribadavia por Cesar Llana, director do Museo Etnolóxico de Ribadavia, e os Diálogos coa Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego presentados por Rebeca Raso.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Fol de Veleno 7

Quiosco: Fol de Veleno 7

A Sociedade Antropolóxica Galega presenta un novo número do seu Anuario de Antropoloxía e Historia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antropoloxía, Mulleres, Xénero, Igualdade...