O CCG reflexiona sobre a proxección internacional da cultura galega

Analiza as posibilidades da nova lei de Acción Exterior de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:

Poucos días despois de entregar as Medallas do Consello da Cultura Galega en agradecemento pola difusión exterior da cultura do país, a institución afronta unha xornada o vindeiro 8 de marzo para reflexionar sobre os escenarios que abre a Lei 10/2021 de Acción Exterior aprobada polo Parlamento de Galicia para a cultura. Inaugurado por Rosario Álvarez e o vicepresidente 1º da Xunta, Alfonso Rueda, a xornada tratará sobre as novidades que ofrece a lei, as especifidades do eido cultural e o exemplo da cooperación no sector audiovisual, a través dunha mesa na que participarán representantes da CRTVG, RTP, Agapi e outras entidades.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosario Álvarez, Consello da Cultura Galega, CRTVG, Parlamento de Galicia...