Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, deu conta esta mañá das accións e orzamento do CCG para 2017 no Parlamento de Galicia. O Presidente do CCG afirmou que a institución viu incrementado o seu orzamento un 2,35% e que o principal foco da estratexia do CCG será o incremento da acción exterior e a visibilidade internacional, xunto coa difusión da figura de Carlos Casares.
O Consello da Cultura Galega incrementa o seu orzamento lixeiramente por segundo ano consecutivo, en 56.717 euros, o que supón unha suba do 2,35% ata chegar aos 2.472.550 euros, segundo manifestou o Presidente do Consello da Cultura Galega esta mañá no Parlamento de Galicia. Este aumento vén motivado sobre todo polo incremento no capÃtulo de persoal, motivado pola recuperación da parte proporcional da paga extra. O Presidente tamén destacou a importante renovación do plenario da institución, que mudou, nos nomeamentos electos, nun 60% desde 2008. Case todas as entidades vinculadas pola Lei ao Plenario do CCG tamén mudaron os seus representantes desde o ano 2008.
Incremento da acción exterior
O Presidente do Consello da Cultura Galega sinalou a relevancia da acción exterior neste 2017, motivada polo ingreso do CCG como observador consultivo na Comunidade de PaÃses en Lingua Portuguesa (CPLP. Estas accións estarán orientadas a dar a coñecer a cultura e identidade galegas no ámbito da lusofonÃa. O ingreso do CCG no CPLP foi celebrado polos catro grupos parlamentarios.
Proxección da figura de Carlos Casares
A figura cultural e literaria de Carlos Casares, que ademáis de editor foi presidente do CCG, ocupará unha parte importante da programación cultural do Consello da Cultura Galega, co gallo do DÃa das Letras Galegas. Deste xeito, o CCG dedicará o Concerto das Letras deste ano ao escritor, fará unha edición institucional de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas e organizará un seminario que analizará a figura de Carlos Casares como mediador cultural.
O CCG continuará coa organización do ciclo Encontros co Patrimonio, que naceron ao fÃo da nova lei de Patrimonio Cultural pero que espertaron un gran interese entre os especialistas e a cidadanÃa, canda a realización de informes, cada vez máis demandados por entidades do terceiro sector, ao redor de cuestións vinculadas á xestión do patrimonio cultural local. En 2017 celebraranse encontros sobre Turismo e patrimonio, ou sobre “Os montes comunais: a súa consideración”.
Editores iberoamericanos
Ao mesmo tempo, a institución continuará homenaxeando as Irmandades da Fala cunha exposición sobre Coros Galegos e as Irmandades da fala, no centenario de creación destas primeiras agrupacións musicais.
O CCG participará canda o CSIC e a Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes nun proxecto de investigación e difusión de editores iberoamericanos, redactando varias voces do proxecto dando conta a vida de determinados editores galegos, sinalados no proxecto.
Encontros con gran diversidade de temáticas
No 2017 o CCG realizará congresos sobre diferentes ámbitos temáticos, abranguendo un amplo abano dos intereses da cultura galega. Desde “Violencia de xénero a novas tecnoloxÃas”, “A industria cultural galega no horizonte 2015” ou “A situación profesional da música e das artes escénicas”, entre moitos outros.
AsÃmesmo, O CCG conmemorará o centenario da publicación da TeorÃa da Relatividade de Albert Einstein, realizando a primeira tradución ao galego e edición desta emblemática obra da ciencia do século XX.