O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, compareceu esta mañá ante o Parlamento de Galicia para dar conta do traballo da institución ao longo de 2014 e adiantar os proxectos para o vindeiro ano. Cun orzamento similar ao do anterior exercicio, 2.374.447 euros, Villares lembrou o interese da institución en traballar pola internacionalización da cultura do paÃs. Entre as actividades previstas de cara o vindeiro ano está unha xornada para analizar a situación galega ante a estratexia Europa 2020, que afecta a cuestións como o mecenado, as polÃticas culturais ou a comunicación en rede.
Canda a isto, o CCG aboradará unha exposición que busca reflectir a cultura galega en cen obxectos e outra na que se documenta a imaxe de Galicia a través das revistas ilustradas da emigración. Como novidades, adiantou que o Consello acollerá en 2016 a xuntanza anual da Asociación Europea de Estudos Migratorios (AEMI) e abordará a publicación das entradas sobre Galicia na enciclopedia sobre o nacionalismo romántico que dirixe o profesor Joep Leerssen.
Ao tempo, Villares confirmou a continuidade de actividades como os concertos con ocasión do DÃa das Letras e a actividade músico-poética No bico un cantar, e novos destinos para as exposición que a institución ten xa en marcha.