Ramón Villares, Presidente do Consello da Cutlura Galega, compareceu no Parlamento de Galicia para facer balance das actividades do Consello da Cultura Galega no 2008 e detallar os novos proxectos da institución para o vindeiro ano, entre os que sobrancean a elaboración dun Libro Branco sobre a situación do noso patrimonio cultural, un informe sobre a situación da lingua galega e outro sobre o Museo da Emigración Galega. O CCG afrontará o 2009 cunha reducción orzamentaria superior ao 3 por cento, pero espera igualmente cumprir os seus obxectivos regulando a "velocidade de cruceiro".
Na súa comparecencia diante da Comisión de EconomÃa do Parlamento Galego, presidida por Xosé Antón Orza, os representantes dos grupos parlamentarios do BNG (Xosé Ramón Fernández Antón), PS de G-PSOE (Francisco Cerviño) e PP (Ignacio López-Chaves) salientaron a actividade desenvolvida polo CCG e a súa traxectoria nos seus primeiros 25 anos. O voceiro do PP fixo especial fincapé no que estimou “importante diminución orzamentaria” que cifrou en mais do 8 por cento.
[da nota oficial]
“Teremos menos diñeiro que en 2008 -agás no capÃtulo1 hai diminucións en todos os restantes- pero esperamos levar adiante as nosas iniciativas en 2009”, dixo Ramón Villares antes de recordar a reordenación interna, a aprobación do novo regulamento, xa en vigor, e o reagrupamento das trece Seccións en só seis.
Respecto á programación para 2009 salientou a intensificaciòn dos funcións de alta asesorÃa do CCG e a especial atención ao Patrimonio Cultural de Galicia, a situación do idioma galego e á memoria da emigración. Falou asemade da intención de reforzar a prestación de servizos culturais a través da rede e referiuse á incorporación dos “Roteiros da Cultura” en CULTURAGALEGA.ORG. Subliñou asimesmo o reforzamento da proxeción exterior a través de convenios con centros de prestixio.
Polo que se refire a outras liñas de traballo, Ramón Villares falou do obxectivo de prestar atención ao diálogo entre as dúas culturas (a experimental e a humanÃstica), á diversidade cultural europea e ás relacións de Galicia cos paÃses de lingua oficial portuguesa.
Outro dos proxectos é o da recuperación da edición en galego dos Clásicos Grecolatinos, a continuación dos traballos da edición da obra completa do Pai Sarmiento, a atención ao centenario do nacemento de LuÃs Seoane (2010) e a dixitalización da colección “Fontes para a Historia de Galicia”.
PARABÉNS DOS TRES GRUPOS PARLAMENTARIOS
O voceiro do BNG, Xosé Ramón Paz Antón destacou o que cualificou como contribución do CCG á polÃtica de austeridade da Xunta de Galicia e subliñou a importancia e os contidos da exposición “Galicia 25. Unha cultura para un novo século”
Francisco Cerviño (P S de G-PSOE) felicitou ao Presidente do CCG polo cumprimento dos obxectivos e tamén polo nivel de execución orzamentaria, situada por riba do 90 por cento.
Ignacio López-Chaves (PP), que lembrou o carácter estatutario do CCG e salientou “o importante traballo levado a cabo nestes 25 anos”, considerou “inxustificado” o recorte orzamentario que, no seu criterio, supera o 8 por cento.
Finalmente, Ramón Villares, logo de agradecer a a acollida favorable e a axuda de todos os grupos parlamentarios, reiterou a súa intención de cumprir en 2009 os obxectivos previstos “cos presupostos que este Parlamento acorde, sexan cales sexan”.