O Consello da Cultura Galega seguirá durante catro anos máis con Ramón Villares á súa fronte. O plenario desta institución reelixiu por unanimidade esta tarde (cun só voto en branco) o catedrático de Historia como presidente, sendo a súa a única candidatura que se presentaba ao cargo. Antes de que o Consello da Xunta faga oficial o seu nomeamento, e en cumprimento do actual regulamento da institución, o presidente electo solicitará por vez primeira na historia do organismo comparecer ante o Parlamento para explicar o seu programa. Encol do mesmo, Villares adiantou que continuará nas liñas do mandato que agora expira, é dicir, incrementar a "musculatura administrativa e de xestión" do CCG, facer do Consello un centro de referencia do sector cultural e traballar de xeito especÃfico a visibilidade exterior da nosa cultura.
A avaliar o traballo desenvolvido nestes catro anos, Villares apuntou un alto grado de cumprimento do programa proposto e incidiu especialmente na alta eficiencia do gasto que está a conseguir a institución. Precisamente o presidente electo esgrimiu esa eficiencia como arma para evitar os efectos dos recortes orzamentarios que nos últimos anos está a sufrir a institución. "Esta non é unha casa de diñeiro, é unha casa de ideas. Con máis recursos podemos facer máis actividades, pero iso é un problema de tamaño, non de esencia", explicou, "co orzamento actual podemos manter a nosa velocidade".