Ramón Villares é o novo presidente do Consello da Cultura Galega

Villares presidente

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:


Ramón Villares (Vilalba, 1951) é o novo presidente do Consello da Cultura Galega. A elección produciuse pasada as sete e media da tarde na biblioteca da Institución e acadou o voto positivo de vinte e tres dos vinte e cinco membros do Plenario. O presidente electo agradeceu o traballo realizado polo seu antecesor, Alfonso Zulueta de Haz, e anunciou que precisará un tempo para avaliar a situación do Consello, non só para coñecer o funcionamento interno da institución, senón tamén para ver a súa valoración exterior, antes de definir as novas liñas de traballo. Agora, o trámite é notificar a decisión do Pleno ao Consello da Xunta para o seu nomeamento, que sairá publicado no Diario Oficial (DOG).

Máis información no web do Consello da Cultura Galega, Vieiros e o curriculum do presidente electro Ramón Villares

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Villares, Consello da Cultura Galega, Vieiros, Plenario...