O Plenario do Consello da Cultura Galega reelixiu esta tarde a Rosario Álvarez como presidenta da institución. Será o segundo mandato desta catedrática de Filoloxía, elixida polo Pleno en 2018, e tamén o último, de acordo coa regulamentación do Consello. O plenario renova así a súa confianza ao proxecto de Álvarez, que tamén adiantou as liñas mestras dos vindeiros catro anos, baseadas nos criterios que defendeu neste primeiro mandato: "xestión participativa, busca de novos públicos, cohesión do tecido cultural galego, colaboración con todo tipo de entidades e promoción exterior da cultura galega". A presidenta electa comparecerá no Parlamento galego e o seu nomeamento será efectuado polo Consello da Xunta. Posteriormente, a Comisión Executiva que acompañará a Rosario Álvarez durante o novo período será escollida nun vindeiro Plenario.
Durante o novo periodo que chegará ata o 2026, Rosario Álvarez apostará por reforzar internamente a institución, reforzar a comunicación dixital incrementando o número de fondos accesibles e postos en valor dos centros de documentación da institución, diversificar e atraer novos públicos para a cultura e construír igualdade de oportunidades para o acceso á cultura. Os aspectos de internacionalización da cultura tamén serán moi relevantes. No vindeiro ano celebraranse o 40 aniversario da institución, para o que se desenvolverá unha programación específica.
Entre o balance dos catro anos do primeiro mandato, Álvarez destacou que se realizaron 358 actividades, que se repensaron os formatos de comunicación, se diversificaron as actividades fóra da sede institucional e se reforzou a actividade asesora a través de diferentes tipo sde documentos e con informes de calado ao redor de temas de actualidade no ámbito patrimonial, ou das industrias culturais. A posta en marcha do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF) foi tamén destacado.