
A sesión, que coordinan Marta Veiga Izaguirre e Dolores Vilavedra, pretende abordar "a situación do galego nos medios de comunicación públicos e privados, a creación cultural e industrias audiovisuais e a difusión do galego en plataformas dixitais; as actividades e equipamentos culturais asà como a proxección internacional da lingua". O encontro poderá seguirse en liña.
Na primeira parte do encontro Carlota Casal presentará Presumo de Galego, iniciativa dixital que visibiliza o uso do galego no dÃa a dÃa e promove o seu prestixio social a través de contidos nas redes sociais. Carlos GarcÃa Vieito, á súa vez, dará a coñecer o proxecto de intervención urbana Exército Mekemeke. Pola súa banda, Ana MarÃa Prieto RodrÃguez falará da Asemblea Cultural Galega de Barcelona e de proxectos deste colectivo como a Biblioteca Sabela Labraña, espazo de encontro e memoria para a comunidade galega en Cataluña.
Logo das presentacións desenvolverase o diálogo estruturado no que se agarda a participación de Senén Barro, en representación do Proxecto Nós de intelixencia artificial para o galego; Andrea Villa Feijoo, do Carballo Interplay; Ana González Liste como representante da Asociación de Medios en Galego e do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia; Daniel Ugarte, en representación da comunidade galega en Bruxelas; André Taboada, a falar desde o proxecto Oliveira dos cen anos; Branca Villares a achegar a visión do ámbito da música tradicional galega; Benigno Fernández Salgado participará en representación da Universidade de Vigo, cunha análise sociolingüÃstica do galego, e Alba Fernández Sanlés representará a REGA UK, rede de galegas e galegos no Reino Unido comprometida coa defensa da cultura propia desde o exterior.