Tomando como inspiración a figura e actitude da activista e poeta Luz Fandiño (Santiago de Compostela, 1931) xurde na capital galega un novo evento dedicado a creación poética. O festival de poesÃa nova Luz Poética celebra este ano a súa primeira edición organizado polo Concello de Santiago. O encontro, que terá lugar en diversos espazos emblemáticos da capital de Galicia, como a Igrexa da USC, o Centro Sociocultural Xove da Almáciga e o Teatro Principal, asà como en entidades locais vencelladas ao mundo da cultura, como pubs e librarÃas do casco histórico, dará voz ao auxe poético da cidade dos últimos anos. Durante os seis dÃas que durará o festival, do 17 ao 22 de outubro de 2022, participarán poetas novas e novos da escena galega actual, asà como tamén terá lugar a Gran Final de Poetry Slam estatal.
Lúa Mosquetera, Diego Horschovski, MarÃa Lado e David Trashumante, Branca Trigo, Alfredo Vázquez, Samuel Merino e Constance Hurlé son algúns dos nomes da creación poética máis nova que tomarán parte nas actividades da primeira edición do festival luz Poética. Espectáculos que inclúen música, un roteiro, un obradoiro a cargo de Nuria Vil, recitais e sesións de micrófono aberto conforman o programa, que inclúe tamén a proxección do documenta 'A poeta analfabeta', dedicado a Luz Fandiño e as fases semifinais e final da competición Poetry Slam. A entrada en todas as actividades é libre e de balde ata completar capacidade, algunhas poden requirir inscrición previa.